Plantación a 1000 metros

 Este blog é unha recollida en campo do traballo en plantación de  Castieñeiros novos.  Tentamos plantar leiras de monte  e cabeceiras de prados que estaban en desuso.  A altitude foi arredor dos 1000 metros de altura e a comezouse a plantar tarde, en Marzo de 2020. 

Usaronse planta brava de souto, "castiñeiras" nacidas de presa brava e outros de semilleiro.




O arraigo coa terra foi bon , e 2 anos despois, despois de plantar + de 300 podese decir que so fallou o 10%.  Xunto a planta votouse unha pastilla de Micorrizas que lle axuda a enrraizar mellor e fai unha simbiose con elas , cas protexe de enfermidades e fai que medren máis fortes. O marco de plantación, aínda que non se medíu foi a 8 ou 10 metros, xa que pretendese que lles entre ben o solo e que podan desarrollar ben a copa.

Fixemos os furados cun Berbiqui a gasolina que fai moi ben os furados, deixando a terra moi solta. Afondamos 70cm , rompemos calqueira dureza que quede nos laterais do furado . Ponse a planta, coa pastilla e comezase a tirar terra solta que sacou o berbiqui.



É moi importante que non quede moi enterrado e que a terra non  tape máis de 10 centimetros do cuello da planta, xa que din que nos primeiros 20 centimetros de tronco e onde a arbore ten os sensores ambientais.

Logo de premer ben a terra, engadímoslle unhas presadas boas de fento, que axudara a que non se seque tanto a terra no verán, serverá de abono... etc.


A continuación, puxémoslles protectores de planta. Ós primeiros púxoselles dos verdes  con tutor, pero a experiencia dinos que van moito mellor os de rexilla plastica que ven nun rollo de 100m e se corta a medida que interese. Estes poñense tamén con un tutor que se improvisou dunha canella  dun metro espetada na terra. Na primeira imaxe vemos a plantación no Ponton , e na segunda é na cabeceira da Campavella. As dúas en Teixeira do Courel.





Ningún comentario:

Publicar un comentario