Inxerta

 No segundo ano da plantación (2022), comezamos a inxertar. E tras varias probas podemos afirmar que na altitude que estamos , a sabia non corre ata  Abril. Con eso e sabendo que o patron ten que estar máis adiantado cá púa a inxertar, podemos afirmar que ata Abril, a 1000 metros , é mellor non inxertar.

É importante que o Cámbium do patron e o do chip ou púa entre en contacto, senón non arraigará. O Cámbium  é unha capa moi fin a que está entre o Floema(transporta savía) e o Xilema (transporta auga e sales minerales). Os ovos que se ven no enves do Chip a inxertar, deben ir en contacto co cambium.

Se miramos desde fóra para dentro. O Cámbium é  a terceira capa, despois da Corteza  e o Floema. Tentamolo mostrar na seguinte imaxe.




 

Os primeiros que fixemos en Marzo, non saíu un. Sen embargo os que fixemos en Abril, Maio e Xuño, sí.

Nós preferimos a cinta de inxertar, pero se se usa a de electricista, é moi importante que o pegamento non toque a púa. É dicir, a primeira volta dase no patron pegando e logo revolvese ata rematar que se volve a revolver para que pegue a última volta.  O que inxertamos, foi con Xúdia (as que se ven na seguintes imaxes), Marrone e Caurelá.

Inxerto feito o 6 de Abril e a foto é do 28 de Maio. Case 2 meses para ver resultados...





Na última foto, pódese ver que se lle engadiu unha "laca" ó inxerto para evitar que se desidrate. Se o inxerto e de púa, lengueta, coroa... é necesario protexelo do sol para que non se desidrate. Moita xente tapao cunha botella e terra, pasta de inxertar, barro... Nós estamos a probar un pegamento que se usa en Kiwi na zona das rías baixas e de momento no sabemos o resultado, xa vos informaremos. O proceso consiste n que uha vez estea o inxerto feito e encintado, se lle aplica un pegamento en forma de spray que din que deixa transpirar a púa pero non deixa desidratar nin entrar a auga. O pegamento en cuestión é 3M Super Spray Adhesivo Multiusos. Como digo, non estou recomendando o uso, estáse probando.


Ningún comentario:

Publicar un comentario